BANCA ON LINE
Entra na banca online Ruralvía
Máis fácil, máis rápido e máis áxil.

BANCA ON LINE
Máis fácil, máis rápido e máis áxil.
BANCA ON LINE
Máis fácil, máis rápido e máis áxil.
A carón dos galegos hai unha Caixa enraizada nas súas orixes, sen máis miras que loitar pola terra que a viu nacer. A aposta polas persoas, a serena tenacidade, a constancia e un férreo compromiso coa nosa terra foron os principios que a acompañaron ata aquí.
A aposta continúa e o compromiso agrándase. Hoxe máis que nunca Caixa Rural Galega está comprometida cos galegos e galegas, con Galicia, e por encima de todo, está comprometida contigo, porque cada un dos nosos socios e clientes forma parte deste proxecto.
Únete a Caixa Rural Galega, a nosa Caixa!
Somos unha Entidade con forte carácter local e que promove unha banca de proximidade, moderna, innovadora e dinámica, cun persoal altamente cualificado, novo e paritario. O noso obxectivo é manter un elevado estándar de calidade na atención diaria coa máxima proximidade, grazas ao noso persoal e á nosa rede de oficinas.
Os máis de 18.000 socios cooperativistas son os propietarios dunha Entidade local vinculada ao seu territorio e que forma parte dun grupo financiero que construíu un modelo de éxito a nivel nacional e europeo. Somos unha das entidades asociadas no Grupo Caja Rural que conta ademáis co apoio das seguintes empresas participadas: Banco Cooperativo Español (BCE), que participa como asociado dentro de Unico Banking Group; Seguros RGA e Rural Servicios Informáticos (RSI).
Somos unha cooperativa de crédito que prové de produtos e servizos financeiros á sociedade coa vocación de contribuir ao desenvolvemento sostible do seu territorio de implantación. A tenacidade e a xestión prudente e eficiente permitíronnos superar todos os retos ao longo de máis de medio século de existencia, ofrecendo aos nosos socios e clientes unha alternativa local dentro do sector financiero.
A nosa natureza cooperativa é dual, perseguindo conxugar a eficacia como entidade financiera á vez que contribuir ao desenvolvemento económico e social da nosa terra. Un modelo baseado na xeración recorrente de valor para socios, clientes e empregados, que destina todos os seus beneficios a incrementar a sua capacidade para seguir impulsando á economía local e ao seu Fondo de Educación e Promoción co obxectivo de colaborar con iniciativas que impulsen melloras económicas, sociais ou culturais da nosa contorna.